Título: A fidalguía galega ante a crise do Antigo Réxime (1812-1868) Autor: Antonio Presedo Garazo Editor: Editorial tresCtres, 07/2006 ISBN: 978-84-934890-1-4, 84-934890-1-8 Nº: 320 páginas, il. 19x16 cm
Bibliografía
Presedo Garazo, A. (). A fidalguía galega ante a crise do Antigo Réxime (1812-1868). Editorial tresCtres.
Da contracapa do libro:
Neste libro explícanse, cun texto adaptado ao lector medio non necesariamente familiarizado con este tema mais sen descoidar a recolleita de información que lle poida resultar útil ao especialista –que vai atopar algunhas respostas e bastantes suxestións en relación coa temática abordada-, algunhas das claves de como se produciu a adaptación da fidalguía galega á nova orde de ousas durante a primeira metade do século XIX, e que non se pode comprender en toda a súa complexidade sen o característico conservadorismo patrimonial das casas grandes fidalgas. É este conservadorismo o que xustifica, en boa medida, a progresiva descontextualización simbolóxica da nosa nobreza provincial a medida que avanzamos na centuria. Así pois, no presente ensaio ofrecemos, a través de seis interesantes capítulos, a análise específica da fidalguía galega durante a crise do Antigo Réxime, e así mesmo das estratexias económicas e de reprodución social que seguiu este grupo co gallo de se adaptar –en moitas ocasións falidamente- á nova conxuntura propiciada polas reformas liberais da primeira metade do século XIX.