I XERACIÓN

  • Isidro Paz Pazos. Nado en 1825 na parroquia de San Bartolomeu cidade de Pontevedra de onde era veciño. Comerciante e organizador de monterías
    Casou con Dolores Carvajal Puga. Filla de Joaquín Carbajal, natural de San Pedro de Tineo (Asturias) e Maria Puga, de Pontevedra.
    Tiveron nove fillos nados na cidade de Pontevedra:

II XERACIÓN

  1. Felipe Paz Carvajal. Nado en 1850. Unha das figuas máis destacadas da música galega e o mellor compositor para bandas da súa época.
    Casou en segundas nupcias con Carolina Ortiz. Tivo a III 1 a 3.
  2. Calixto Paz Carvajal. Nado en 1852.
  3. Renato Paz Carvajal. Nado en 1854.
  4. Benjamín José Paz Carvajal. Nado en 1856.
  5. Evaristo Paz Carvajal. Nado en 1857. Músico. Parece ser que emigrou a Inglaterra.
  6. Joaquín Manuel Carvajal. Nado en 1860.
  7. Josefa Paz Carvajal. Nada en 1862.
  8. Francisca Paz Carvajal. Nada en 1864. Falecida en xuño de 1844.
    Casou en primeiras nupcias con Enrique Tobío López. Funcionario do concello de Pontevedra. Tiveron por fillos a III.4 a 7.
    Casou en segundas nupcias con Ventura de Lis Romero. Recador de tributos. Tiveron por fillos a III.8 e 9.
  9. Antonia Paz Carvajal. Nado en 1865.

III XERACIÓN

  1. Felipe Paz Ortiz. Concertista de piano. Pai de IV 1 e 2.
  2. José Paz Ortiz. Director de banda e compositor.
  3. Sebastián Paz Ortiz. Director de orquesta, organista, violinista, autor de misas e panxoliñas. Tivo por fillos a IV 3 e 4.
  4. Josefa Paz Carvajal. Nada o 29 de xuño de 1887 na cidade de Pontevedra. Tivo un fillo natural IV 5.
  5. Ramiro Paz Carvajal. Nado o 29 de xuño de 1891 na cidade de Pontevedra. Asasinado o 12 de novembro de 1936. A nivel profesional era tipógrafo.
    Casou en primeiras nupcias na igrexa de Santa María a Maior o 16 de novembro de 1918 con: María de la Purificación Beloso Telmo. Nada en 1901 na cidade de Pontevedra no campo de San Roque. Falecida na mesma cidade o 6 de xaneiro de 1930 de tuberculose. Única filla de Blas Beloso, que traballaba no depósito de pescadores, e Jesusa Telmo.
    Casou en segundas nupcias en 1930 con Dolores Lois Soto. Nada o 11 e xaneiro de 1908 no barrio da Moureira da cidade de Pontevedra. Falecida o 25 de agosto de 1992. Por liña mataerna descendía do pirata Benito Soto.
  6. Emilia Carvajal. Nado o 4 de abril de 1894 na cidade de Pontevedra. Casou en 1919 con Luis Valiente Vella.
  7. Eloisa Paz Carvajal. Nado o 4 de outubro de 1899 na cidade de Pontevedra.
  8. Eladio Lis Paz.
  9. Elena Lis Paz.

IV XERACIÓN

  1. Felipe Paz.
  2. Horacio Paz. Co seu pai e irmán formaron o trío “Os 3 Paz”.
  3. Sebastián Paz Suárez. Profesor de educación musical e compositor.
  4. Rosa Paz Suárez.
  5. Ramón Paz. Nado en 1884.
  6. Ramiro-José Paz Beloso. Nada o 13 de novembro de 1920. Falecido na infancia.
  7. Purificación Paz Beloso. Nada o 29 de xullo de 1923.
  8. Oscar Paz Beloso. Nada o 24 de decembro de 1924.
  9. Isidro Paz Beloso. Nada o 11 de setembro de 1926.
  10. Josefa Paz Beloso. Nada o 17 de febreiro de 1928.
  11. Elva Paz Lois. Nada o 1 de xullo de 1931.
  12. Dolores Paz Lois. Nada o 22 de xaneiro de 1933.
  13. Ofelia Paz Lois. Nada o 1 de setembro de 1935.
  14. Ramiro Javier Paz Lois. Nado o 16 de febreiro de 1937.

Fonte

Aurora Marco Ramiro Paz Carbajal 1891 – 1936 Unha vida segada pola barbarie Editorial Toxosoutos Colección Memorialia 1 2003