Título: Os escudeiros do Cercio. Descendentes dunha estirpe medieval Autor: Cesar Gómez Buxán Ilustrador: Xosé Antón García González-Ledo Editor: Seminario de Estudios de Deza, xaneiro do 2006 Colección: Deza Básicos nº 9 ISBN: 84-609-9408-2 Nº: 280 páginas, Il. Fotos bn.
Bibliografía
Gómez Buxán, C. (Ilustraciones por Xosé Antón García González-Ledo). (). Os escudeiros do Cercio. Descendentes dunha estirpe medieval. Seminario de Estudios de Deza.
Estamos ante un novo traballo de César Gómez Buxán no marco da súa querida comarca de Deza. O mesmo título ós non achegados pareceríanos está a falar duns personaxes "menores": escudeiros, cando en realidade reivindica a figura dos nosos fidalgos, nomeados escudeiros na nosa terra ó estar ó servizo dos grandes señores, que no caso que nos ocupa son os Moscoso e os Ulloa.
É un traballo serio e documentado, acompañado de fotos das construcións, sinaturas, reproducións de documentos, árbores xenealóxicas e como non, os inestimábeis debuxos de García González-Ledo. Deste último quero salientar as dúas representacións de Vasco de Taboada de Carrio, guerreiro de xeonllos en actitude orante, que acércanos de xeito extraordinario ó ser e sentir deste cabaleiro.
Con Dona Urraca Eáns de Cercio, o seu irmá Don Pedro Eáns de Cercio e Nuno Eáns de Cercio arrinca a casa grande de Cercio descrita no Capítulo I.
- Capitulo II: Pazo de Pedroso
- Capitulo III: Casa de Brenzos
- Capitulo IV: Casa de Sello
- Capitulo V: Casa de Camposancos
- Capitulo VI: Casa de García Sánchez
- Capitulo VII: Pazo de Traspenas
- Capitulo VIII: Pazo de Beilás
- Capitulo IX: Pazo de Vilanova de Palio
- Capitulo X: Pazo de Rielo
- Capitulo XI: Pazo de Marza
- Capitulo XII: Casa de Abonxo
- Capitulo XIII: Casa Pazo do Barreiro
- Capitulo XIV: Pazo de Barrio